A tramitación xudicial telemática comezou a implantarse en Galicia o pasado 1 de xaneiro, cumprindo co establecido na reforma da Lei de Enxuizamento Civil. Dende esta data, as comunicacións entre abogados e sedes xudiciais debían realizarse de forma telemática, algo que está xerando "disfucións e problemas". 


Ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, parécelle "lóxico" que haxa problemas para botar a andar un sistema tan "ambicioso". Por iso convocou este venres unha xornada técnica cos principais representantes do sistema xudicial de Galicia, para analizar con eles "os problemas que suscita a dixitalización": 


Pero pese aos problemas, Rueda mantense optimista. Confía en que "pouco a pouco e coa colaboración de todos, a implantación das novas tecnoloxías na administración de Xustiza sexa unha realidade, igual que xa o é noutros ámbitosa: a administración tributaria, a sanidade..."


Porque o obxectivo é seguir avanzando na dixitalización. O vicepresidente da Xunta márcase como "reto" que en 2017 os particulares poidan acudir á Xustiza por esta vía, presentando escritos de forma telemática, e eliminando o papel dos xulgados galegos. 

POWERED BY BIGPRESS