Os socialistas galegos acusan a Feijóo de facer "trampas" na aplicación da Lei de Dependencia para "que a xente desista de solicitar as axudas. Aseguran que se están otorgando prestacións "ridículas" de tan só 50 ou 60 euros ao mes, xeralizando métodos de atención secundarios e fraccionando pagos de atrasos ata 2023. 


A deputada socialista Carmen Gallego acusou ao goberno da Xunta de estar xeralizando as libranzas, unha axuda que se lle concede ao dependente para que contrate unha persoa que o coide. Asegura que se trataba dun recurso excepcional que contemplaba a Lei de Dependencia, que apostaba prioritariamente por atender directamente aos dependentes, e que agora se está xeralizando.   


Aseguran ademais que se están concedendo axudas para libranzas de tan só 50 ou 60 por mes, unha cantidade "ridícula" coa que resulta "imposible" contratar a ninguén. 


Denuncian ademais retrasos nos pagos das prestacións recoñecidas por parte da Xunta, aportando como proba a carta dunha dependente na que aparece recoñecida unha débeda de máis de 3.000 euros, que segundo este documento se pagaría en prazos fraccionados ata 2023. 


Os socialistas sosteñen que estas cartas se están a recibir de forma "masiva" por toda Galicia. Consideran que se trata dunha estratexia do goberno de Feijóo para acadar o seu compromiso de atender a 10.000 dependentes durante este novo ano, sacando á xente das listas de espera con prestacións de contía reducida. 



POWERED BY BIGPRESS