O Tribunal Supremo dictou este martes a sentenza definitiva do caso Prestige, endurecendo considerablemente a que 

emitira a Audiencia Provincial de A Coruña en 2013. 


Ata agora, o capitán do Prestige tan só tiña atribuido un delito de desobediencia grave. Pero esta nova sentenza condena a Apostolos Mangouras a dous anos de prisión por un delito medioambiental, abrindo a porta ao cobro de multas pola marea negra. 


O revocación do Supremo establece a responsabilidade civil do propietario do barco e da súa aseguradora, que poderían ter que facer fronte a unha factura de máis de 4.300 millóns de euros polos danos que causaron no litoral galego. 


O que sí mantivo o tribunal foi a absolución do exdirector da mariña mercante, José Luis López-Sors e dos mariñeiros que acompañaban a Mangouras. 

POWERED BY BIGPRESS