D. José Fernando Rúa de Castro, e o historiador Federico Xusto Méndez, autor do traballo 


O sábado 30 de xaneiro, ás 16:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín, Ourense, acollerá a conferencia “Viriato: por el camino de su historia”, a cargo do historiador Federico Xusto Méndez organizada polo “Forum Galaico Transmontano” coa colaboración do Concello de Verín.


O acto será presidido polo Alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e acudirán o presidente do Fórum Galaico Transmontano D. José Fernando Rúa de Castro, escritores luso-galaicos, personalidades da cultura e o historiador Federico Xusto Méndez, autor do traballo de investigación.


Dita conferencia falará sobre a orixe, vida e asasinato de Viriato, caudillo Lusitano do que procede o nome da vila de Verín e as súas relacións históricas co Castrum Celium. Federico Xusto Méndez falará sobe a figura de Viriato, utilizada por trobadores, poetas, escritores e, nalgunhas revoltas, como modelo propagandístico.


A figura do Caudillo Lusitano sempre sufriu distorsiones froito da mestura das lendas populares coa vida real motivando así unha deformación da historia. Co desexo de sacar á luz e dar a coñecer a súa verdadeira historia, Xusto Méndez dedicou varios anos á investigación por toda a península Ibérica. Entre as súas fontes atópanse personalidades da alta nobreza, historiadores e escritores de renome, peregrinos, planos, mapas e valioso escritos, informacións conservadas en arquivos públicos e privados acreditados e antecedentes de documentos orixinais, escritos por historiadores latinos daquela época sobre a vida e asasinato do guerrilleiro lusitano.

POWERED BY BIGPRESS