A Xunta confrimou este mércores que reclamará indemnizacións polos danos que causou o Prestige, despois de celebrar a sentenza do Tribunal Supremo. O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, asegurou que "é unha boa noticia para Galicia", xa que "abre a porta" para reclamar indemnizacións polos danos producidos polo petroleiro e polos gastos do xuízo celebrado na Coruña. 


Rueda  lembrou que "os danos foron moitos", ademais de que a celebración do proceso "correu a cargo da Xunta de Galicia", con "investimentos importantes, non só para a preparación do xuízo, senón para todas as probas periciais que houbo que facer".



"É dicir, que houbo danos e gastos que tivo que asumir a Xunta de Galicia, que asumiron os galegos no seu conxunto e é o momento de reclamalos", deixou claro.



Iso sí, polo de agora non se atreve a adiantar en que prazo aproximado se poderan conseguir os pagos de indemnizacións, xa que "se acaba de coñecer a sentenza", avanza que  "isto volverá outra vez á Audiencia da Coruña, a partir de aí abriranse os prazos e terán que ser os xuíces os que os diten".


POWERED BY BIGPRESS