A empresa coruñesa Elaborados Metálicos S.A (Emesa) acaba de adxudicarse un contrato para a fabricación dunha planta de tratamento de lodos, procedentes da extracción de petróleo, que terminará instalándose nunha plataforma off-shore en Qatar".


Así informou o Grupo Soil, novo propietario da factoría de Coirós, que asegurou que se trata dun "fito na traxectoria de Emesa ao ser o primeiro proxecto para a construción de módulos para a industria".


O anuncio prodúcese uns días despois de que os traballadores recriminasen á dirección da empresa a ruptura das negociacións polo convenio colectivo para rexerse co convenio sectorial que, segundo sosteñen, restrinxirá os beneficios sociais que tiñan os empregados.

POWERED BY BIGPRESS