A Garda Civil de Pontevedra detivo durante a mañá deste xoves a 11 mozos acusados de pertencer a un grupo criminal. 


O Instituto Armado relaciona a estas persoas con diversos altercados e pelexas no entorno da discoteca Ramallosa 2000, en Nigrán. A última podería ter acontecido durante a madrugada deste último domingo, cando resultaron feridas 5 persoas. 


Polo de agora non se coñecen máis detalles acerca do operativo, pero a Garda Civil xa comunicou que os mozos pasarán a disposición do Xulgado de Instrucción número 5 de Vigo. 



POWERED BY BIGPRESS