Achégase o retorno dunha das bandas míticas dos 80 en Galicia, 'Os resentidos' volverán aos escenarios o vindeiro 2 de marzo. Será nun concerto no Teatro Principal de Ourense, no que se grabará un CD-DVD cos temas clásicos e seis cancións inéditas. 


O líder do grupo, Antón Reixa recoñece que o grupo levaba tempo dándolle voltas á idea de volver a actuar, despois de disolverse en 1994 "nun acto de sinceridade". Tiñan claro que querían volver cun disco en directo, que dará a saída a esta "segunda oportunidade". 


Estarán acompañados pola Big Band de A Lira, unha agrupación de mozos que non coñeceron a época de éxito de Reixa e compañía pero que participarán no seu rexurdimento. 


Volveremos a escoitar temas míticos cun marcado acento social como 'Sector naval', 'Economía sumerxida' e como non, a inolvidable 'Galicia Caníbal' coa que se deron a coñecer alá polo ano 1986.


Pero tamén haberá temas novos. Baixo o título  'Fai un sol de carallo-Suite', o traballo que Reixa e ' Os Resentidos' presentarán en Ourense apostará pola mezcla das guitarras e das gaitas do grupo co sonido da Big band.


ORGULLO NA BIG BAND



O presidente da Asociación Cultural Liradavia, Iván Estévez, calificou como "un enorme orgullo" a posibilidade de colaborar con 'Os Resentidos' para gravar este disco e confirmou que foi o propio Reixa o que se puxo en contacto coa banda despois de ler un libro sobre os 175 anos de historia da agrupación musical.


Estévez destacou que a maior parte dos integrantes da Big band non chegaron a coñecer a música de 'Os Resentidos', xa que teñen unha idade media de 22 anos, pero confirmou o entusiasmo dos seus integrantes para sumarse a un proxecto "novo" e "diferente".


POWERED BY BIGPRESS