A Policía Autonómica detivo ou investigou a un total de 100 persoas durante o ano pasado, fronte ás 91 de 2014. Ademais, a maior parte do comisado (un 90%) correspóndese con ameixa, nas súas distintas especies, e a infracción máis común é a non posesión dos correspondentes permisos para mariscar. 


Así mesmo, a Policía Autonómica levou a cabo, a través do Equipo de Resposta Policial (Erpol), un total de 365 operativos contra o furtivismo en Galicia durante o 2015, o que supón un incremento do 42,5 por cento respecto ao anterior exercicio.


O traballo desta unidade especial supuxo un total de 2.756 persoas denunciadas, un 2,4 por cento máis respecto dos datos do ano anterior.



En concreto, durante 2015 executáronse 77 controis nas estradas, fronte aos 64 de 2014, e rexistráronse 1.650 vehículos, unha cifra lixeiramente superior á do ano anterior 1.607. No balance da loita contra o furtivismo durante o ano pasado destaca tamén o número de embarcacións inspeccionadas, 1.631, que supón un incremento de case o 73% respecto de 2014.



Por localización xeográfica, destaca que o 70% das denuncias 1.920 tiveron no concello de Boiro, onde levaron a cabo 448 inspeccións.


POWERED BY BIGPRESS