As festas de San Blas son unha das citas máis coñecidas no entorno de Vigo, unha cita destacada que polo menos 19 conductores non souperon xestionar este ano.
A Garda Civil do Porriño foi a encargada de realizar 430 controis a vehículos na contorna de Bembrive, interceptando a 19 conductores baixo os efectos do alcohol, ademais de dúas persoas que deron positivo en drogas.
Estes controis localizáronse principalmente nos accesos e saídas da A-55 e, segundo a Garda Civil, tiñan a finalidade de "descender a porcentaxe de positivos" e favorecer un cambio de comportamento nos conductores que evite os accidentes de tráfico.
Os axentes aseguran que varios conductores intentaron alterar o resultado das probas, utilizando "consellos ou mitos" que pasaron pola inxesta de alimentos, fumar, tomar caramelos ou usar pasta de dentes. Pero advirten contra a ineficacia de todos estes métodos, asegurando que "non existe ningún truco para enganar aos etilómetros".