A Consellería de Facenda ampliará durante este mes o límite para solicitar aprazamentos ou fraccionamentos de impostos sen necesidade de presentar ningún tipo de aval. 


Na actualidade, este tipo de aprazamentos tributarios tan só se poden solicitar sen presentar garantías cando a débeda é menor de 18.000 euros, para cantidades superiores é necesario un aval. Pero coa modificación proposta pola Xunta, amplíase o límite ata os 30.000 euros, con independencia de que se atope en período voluntario ou en período executivo de pago.


O obxectivo desta medida, segundo o departamento dirixido por Valeriano Martínez, é beneficiar aos contribuintes ofrecendo "máis facilidades para cumprir coas súas obrigas tributarias, ao tempo que dotará de maior axilidade á xestión destas solicitudes". 


Trátase dunha figura en aumento, dende 2009 a administración autonómica concedeu aprazamentos e fraccionamentos de impostos por un importe medio anual de 24,6 millóns de euros, unha cifra que dobra á media dos anos anteriores. 



POWERED BY BIGPRESS