A plataforma ecoloxista Salvemos Cabana estudou a fondo a documentación do permiso de investigación mineira 'Isabela II', que afecta ás comarcas de Soneira, Xallas e Bergantiños, atopando ata unha ducia de "carencias significativas" contra as que xa presentaron formalmente alegacións.


Denuncian a falta de información sobre aspectos clave do proxecto: aseguran que non se concreta se a empresa responsable ten autorización para executar as labores de investigación, tampouco se indican as coordenadas dos lugares afectados nin o seu grado de afectación urbanística.


Tamén botan en falta información sobre cómo afectarán as labores de sondaxe ás augas subterráneas e acuíferos da zona e referencias aos posibles verquidos tóxicos procedentes do engrase da maquinaria e outras sustancias químicas empregadas durante o proceso de perforación.


Non están satisfeitos co plan de restauración proposto, que segundo os ecoloxistas non cumpre coas condicións marcadas polo Real Decreto 975/2009, xa que non inclúe unha "descripción detallada do entorno previsto para levar a cabo as labores mineiras".


Por todas estas razóns, consideran que a Consellería de Economía non debería ter aprobado o proxecto de investigación "tan á lixeira", deixando de lado o control dos "posibles efectos adversos das tarefas extractivas sobre a saúde humana e o medio ambiente". Acusan á Xunta de autorizar unha iniciativa "a todas luces incompleta", actuando de forma permisiva co sector mineiro e coas súas aspiracións en lugar de apoiar "o beneficio do ben común".  

POWERED BY BIGPRESS