Galicia segue perdendo habitantes. Durante 2014 o Instituto Galego de Estatística rexistrou un descenso de 12.570 persoas, continuando a racha de descensos consecutivos iniciada no 2011. 



Así, ao descenso de 2014 temos que sumarlle os 14744 habitantes que perderon en 2013 e os 9946 de 2012. Dende o ano 2011 Galicia leva perdido preto de 39.000 habitantes, deixando a poboación total nos 2.734.656 habitantes. 



En concreto, a poboación galega distribúese entre 1.412.641 mulleres e 1.322.014 homes. Por provincias, A Coruña e Pontevedra, con 1.128.694 e 948.302 habitantes, respectivamente, concentran máis do 75% do total. En Lugo viven 338.921 persoas e en Ourense 318.739.


En contra da tendencia xeral, tres concellos galegos gañaron poboación: Pontevedra, A Coruña e Santiago. En concreto, o aumento máis pronunciado produciuse na comarca da Coruña, que gañou 461 habitantes. 



Pola súa banda, os sete grandes concellos galegos presentaron desigual comportamento na súa evolución anual. Mentres Pontevedra e Vigo gañan poboación con respecto ao ano anterior, Ferrol, Ourense, Lugo, Santiago e A Coruña pérdena.



POWERED BY BIGPRESS