Catro persoas resultaron feridas a última hora deste mércores nun accidente de tráfico con tres vehículos implicados no Corredor do Morrazo ao seu paso pola localidade pontevedresa de Moaña.


O sinistro  ocorreu sobre as 20,30 horas deste mércores no quilómetro 1 da CG-4.1, en sentido Cangas.


Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros, as Forzas de Seguridade e os servizos sanitarios para atender aos feridos. Así mesmo, acudiu un equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas, dado que o golpe danou varios sinais de tráfico.


GARDA CIVIL FERIDO EN CANGAS


Un axente da Policía Local da localidade pontevedresa de Cangas resultou ferido na noite deste mércores tras ser atropelado por un vehículo mentres se atopaba de servizo.


Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 22.00 horas. Foi o seu compañeiro o que avisou aos servizos de emerxencias e trasladou ao ferido no seu vehículo a un centro de saúde.


Tras ter constancia do suceso, o 112 informou os Bombeiros de Cangas e a Protección Civil da localidade.



POWERED BY BIGPRESS