Habendo cámaras, ninguén pode relaxarse, e menos cando se é presidente do Goberno. Os xornalistas captaron unha charla informal de Mariano Rajoy con David Camero, primeiro ministro británico, na que lle confesa que o máis probable é que haxa novas eleccións en España o 26 de Xuño, xa que non confía en que Pedro Sánchez consiga formar Goberno. 


"Temos sesión de investidura en marzo, pero eu creo que non vai saír. O máis probable é que haxa eleccións o 26 de xuño. O máis probable", explicou Rajoy a Cameron, nos momentos previos ao comezo do Consello europeo.



Aínda que non se percibe claramente a resposta de Cameron, que está de costas ás imaxes, Rajoy responde cun "si, si, o mesmo día", o que fai pensar que o 'premier' británico se refire á convocatoria do referendo sobre a pertenza de Reino Unido á UE, cuxa data non se coñece pero para a que se baralla o mes de xuño como posible.



O líder británico, ademais, chancea con que Rajoy convoque eleccións en "nadal" e en "verán". "Téntalo todo", di Cameron ao presidente español, ao que desexa "boa sorte" antes de concluír a conversación.



As cámaras tamén captaron ao presidente do Goberno conversando de maneira informal co primeiro ministro de Estonia, Taavi Roivas, ao que explica que a situación postelectoral en España é "un lío enorme".



"Está moi complicado, é probable que haxa que repetilas", indica Rajoy ao seu colega estoniano, ao que explica a relación de escanos obtidos por cada forza.

POWERED BY BIGPRESS