Dende o comezo da campaña, a finais de setembro, a gripe provocou o falecemento de 25 pacientes en Galicia, unha cifra menor con respecto á rexistrada o ano pasado por estas datas. 


Ademais, na actualidade hai un total de 266 persoas ingresadas nos hospitais galegos como consecuencia desta enfermidade.  As cifras totais que manexa o Sergas elevan o número de ingresos ata os 718, un dato que neste caso sí aumenta con respecto ao da tempada anterior. O 15% dos casos rexistrados precisaron de asistencia na UCI. 


As chamadas atendidas polo 061 en relación coa gripe diminuiron por terceira semana consecutiva, apunta o Sergas, rexistrando unha intensidade "baixa" e unha tendencia "discretamente decreciente".


Por provincias, o número de chamadas semanais por gripe e infeccións respiratorias agudas subiu na Coruña e baixou en Ourense, Lugo e Pontevedra. Do mesmo xeito, baixa no grupo de idade ata 44 anos, sobe no de entre 45 e 64 e mantense estable para os maiores de 65 anos.



POWERED BY BIGPRESS