Un veciño da localidade coruñesa de Oza-Cesuras morreu durante a mañá deste luns, tras recibir unha patada dunha vaca no seu propio domicilio. 


Concretamente, o accidente tivo lugar pouco antes das dez da mañá no lugar de Ameixeira. 


A gravidade das lesións fixeron que os servizos de emerxencias preparasen un helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para recoller á vítima, pero finalmente este desprazamento foi anulado debido ao falecemento da mesma


POWERED BY BIGPRESS