fusión municipal de Cerdedo e Cotobade é a segunda en poucos anos, trala unión de Oza e Cesuras en 2013. Pero ten pinta de que non será a última. Tras décadas sen abordarse ningunha fusión en España, Galicia pisou o acelerador nun intento de reformar un mapa plagado de concellos de menos de 5.000 habitantes. 


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu este mércores que hai "conversacións entre varios municipios " de toda a Galicias, preparando o camiño para novas fusións, aínda que ve difícil que poidan pecharse antes de que remate a lexislatura. 


"O que non quere dicir que non sigan avanzando; oxalá nos dean unha sorpresa", manifestou Rueda, antes de reivindicar o traballo da Xunta para impulsar "con incentivos" este tipo de procesos.  


Aínda que politicamente considera que "probablemente o máis cómodo" para os rexedores sería "non facer nada", é necesario mentalizarse de que hai que racionalizar o mapa municipal, xa que, ao seu xuízo, "sería moi triste que a fusión tivese que chegar obrigatoriamente e se impuxese de golpe".



"Sería utópico pensar que podemos prestar servizos sen moverse para cooperar", subliñou, antes de constatar a existencia de "conversacións" entre municipios "de toda Galicia" que están "o suficientemente avanzadas" para poder culminar en novas fusións.



POWERED BY BIGPRESS