Unha sentenza da Audiencia Nacional acaba de avalar o uso do Castelo de Monterrei como hotel, asegurando que este uso "non sacrifica" o dereito constitucional dos cidadáns de acceso á cultura, senón "máis ben o contrario".
O castelo atópase actualmente xestionado por Paradores de Galicia, beneficiara dunha concesión gratuita por 75 anos por parte da administración pública.
O uso deste ben de interés cultural como hotel espertou bastantes críticas, pero segundo asegura a Audiencia nacional a actual proposta de uso "aproxímase máis ao seu uso primitivo como residencia", polo que "se considera compatible cos seus valores culturais, respectándose en todo caso as súas características construtivas, especiais e compositivas".
Así mesmo, o fallo sinalou que a ampliación do espazo"non constitúe en ningún caso un suposto de mala administración".