O IPC acentuou a súa caída durante o mes de febreiro, chegando a rexistrar un descenso do 0,8% interanual e aumentando considerablemente o descenso do 0,3% rexistrado en xaneiro, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística. 


A razón deste descenso atopámola principalmente na baixada dos precios dos carburantes, tanto no caso da gasolina como do gasoil. Tamén baixaron de prezo os alimentos e as bebidas non alcohólicas. 


Se analizamos a situación dos prezos máis a curto prazo, descubrimos que o IPC caeu un 0,3% con respecto a xaneiro. 


POWERED BY BIGPRESS