A galega Vero Boquete, centrocampista do Bayern de Múnich, é a partir deste luns nova embaixadora da liga española. Unha responsabilidade que a xogadora compartirá a partir de agora cos ex futbolistas Fernando Sanz, César Sánchez, ou Fernando Morientes entre outros.


Nun acto de presentación celebrado na sede de La Liga, Boquete estivo acompañada dos ex futbolistas, así como do presidente da entidade, Javier Tebas. Deste xeito, a futbolista galega será a primeira muller en ostentar este cargo, ademais da primeira de facelo mentres segue en activo. 




A capitá da selección española feminina de fútbol representará a partir de agora á Liga española por todo o mundo. 

POWERED BY BIGPRESS