O xulgado número 2 de Pontevedra acaba de arquivar unha das causas separadas da 'Operación Patos', que investigaba un posible caso de enchufes na empresa  Cespa, e que afectaba ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores (BNG). 


O auto xudicial asegura que nestes momentos na información policial non existen suficientes "indicios" para manter aberta a causa ou atribuiur "feitos delituosos a persoas determinadas". 


A investigación comezara cando un informe da Udef denunciara unha posible contratación irregular de traballadores recomendados polo goberno local na empresa que xestiona a recollida de lixo. As sospeitas orixinábanse dunha lista de políticos que apareceu na sede de Cespa en Santiago, pero o xuíz non considera que este sexa un indicio suficiente para continuar coa causa, unha decisión que aínda pode ser recurrida pola Fiscalía. 



POWERED BY BIGPRESS