convocatoria de 800 prazas para o Sergas non satisface nin de lonxe as necesidades que segundo os traballadores presenta o sistema sanitario galego. Aseguran que durante os últimos anos se destruiron "máis de 3000" empregos, por iso reclaman unha oferta de emprego "digna" que cubra o 100% das vacantes e que remate coa "precariedade" dos traballadores.


Con este obxectivo en mente, o persoal do sistema sanitario manifestouse diantes dos complexos sanitarios en Santiago, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra... En total, 13 concentracións por toda Galicia que son tan só un pequeno anticipo dunha gran manifestación coa que pretenden chamar a atención do Sergas o vindeiro xoves en Santiago. 


Motivos hai de sobra, segundo a plataforma na que se integran todos os sindicatos do ramo (CIG, CCOO, UXT, O'MEGA, SATSE, CESM, SAE e C-SIF). A falta de persoal provoca que os usuarios vexan "mermada a súa calidade asistencial" por toda Galicia. A nova convocatoria de plazas non lles parece suficiente para solucionar unha situación que os obriga a "facer todo a marchas forzadas", sobretodo en categorías concretas como a de técnico de farmacia, pinche de cociña ou mantenemento, nas que según denuncian non se convoca ningunha praza dende hai anos. 


Ademáis dunha maior contratación pública, o voceiro da plataforma, Camilo Agulleiro (CIG) tamén reclama que se poña fin á precariedade e se cubran como corresponde as baixas, en lugar de contratar a persoal "por días soltos ou por horas"


RESPOSTA DO CONSELLEIRO


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña respondeu ás concentracións deste xoves asegurando que o seu departamento está "tratando de mellorar" as condicións laborales de "todos" os traballadores do Sergas. 


Asegura que a oferta pública de este ano é "moi importante", resaltando medidas como a baixa para as embarazadas "a partir da semana 37". 



PROTESTAS POR TODA GALICIA


En Santiago, a concentración tivo lugar ante o Hospital Clínico de Santiago e ante o Provincial de Conxo. Na Coruña, medio centenar de profesionales denunciaron fronte ao Chuac o "deterioro" e a "degradación continua" da asistencia sanitaria.


En Vigo uns 200 traballadores concentráronse no Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro, incidindo en que nos últimos anos "se perderon moitas prazas", provocando que se "disparasen" as listas de espera na área de Vigo. 


Tamén houbo protestas en Cee, Ribeira, Ferrol, Burela, Lugo, Monforte, Ourense, O Barco, Pontevedra e Vilagarcía. 


COLAPSO NAS URXENCIAS DE SANTIAGO


A falta de persoal é un dos motivos que segundo Agulleiro ten levado aos colapsos nas urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, negados recentemente polo Conselleiro de Sanidade.


Pero segundo explica o representante da CIG, este problema tamén ven motivado de que "non abren camas". Acusa ao Sergas de ter "unha planta que non queren abrir" no hospital Gil Casares, impedindo o ingreso do paciente cando existen camas libres e provocando o consecuente colapso nas urxencias de Santiago. 

POWERED BY BIGPRESS