No medio do proceso de contestación social xenerado pola prórroga da súa concesión ata 2073, ENCE acaba de iniciar unha parada técnica para "eliminar cheiros". 


Dende a pasteira aseguran que se trata dunha parada técnica anual, que durará 10 días e na que se investirán 4,5 millóns de euros para acadar "maior eficiencia e melloras ambientais"


En concreto, o proxecto Cheiro Cero, no que traballa coa Universidade de Santiago de Compostela, suponlle a ENCE un gasto de preto de dous millóns e medio de euros este ano. 


Finalmente, dende a compañía tamén reivindican un plan co que pretenden reducir "nun 90 por cento" a necesidade de consumo de auga mediante un proceso de reutilización. 



POWERED BY BIGPRESS