A plataforma 'Lugo de cara o Miño' organizou unha protesta contra o dique construído na fábrica da luz de Lugo, reclamando que se retire un obstáculo que "enturbia o seu curso e afecta aos seus valores naturais e patrimoniais".


Os ecoloxistas aproveitaron o Día Mundial de Acción na defensa dos Ríos para facer esta reclamación, elevada ata a confederación hidrográfica do Miño-Sil. Consideran o dique "ilegal", por non estar contemplado no proxecto da minicentral da fábrica da luz nin tampouco na declaración de impacto ambiental.


Cargan contra un "muro de pedras grandes e terra" que obstaculiza o curso do río dende o pasado mes de novembro, poñendo en perigo " a biodiversidade e as condicións ecolóxicas deste espazo natural protexido". 

POWERED BY BIGPRESS