O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de desestimar os recursos presentados polos pais de Asunta Basterra, confirmando a condena de 18 prisión por asesinato para cada un deles que lles impuxo a Audiencia Provincial de A Coruña


O fallo do TSXG entende que foi a nai de Asunta, Rosario Porto, a encargada de asfixiar á menor "sen colaboración do pai", Alfonso Basterra. Aínda así, considera que o plan foi concebido de forma organizada por ambos, polo que mantén a mesma condena para el. 


Esta sentanza bota por terra os argumentos esgrimidos por ambos proxenitores o pasado 23 de febreiro na vista de apelación, cando alegaron por separado que non había probas de cargo que demostrasen a súa culpabilidade. 


O tribunal recoñece que non existen probas directas do crime porque "ningún testigo presenciou nin se percatou da acción que acabou coa vida da nena" nin existe constancia do feito "por calquera medio de grabación". Pero entenden que os feitos indiciarios conducen, "en función da lóxica, da experiencia e das leis da ciencia a dar por acreditados os feitos".


POWERED BY BIGPRESS