A CIG acaba de convocar unha folga indefinida na planta de Frigolouro do Porriño, protestando polas condicións laborais do persoal autónomo dependente e pola "falta de diálogo e compromiso da dirección". 


A folga comezará ás 4:45 deste xoves, protestando contra as condicións de traballo duns 224 operarios dependentes da empresa Servicarne, pero que desenvolven o seu traballo na filial de Coren. 


Os traballadores reclaman un horario de traballo de 8 horas, un salario mínimo tomando como referencia o convenio de industrias cárnicas, ritmos de traballo "semellantes" aos que rexían para o persoal de Frigolouro, calendario de vacacións pagas e gozadas e fixar prestacións en caso de baixa por enfermidade ou accidente laboral ou licenzas retribuídas, entre outras reivindicacións.

POWERED BY BIGPRESS