A ONCE, premio Príncipe de Asturias da Concordia 2013, xunto coa Fundación ONCE e o seu grupo de empresas sociais ILUNION, mostraron o seu apoio á candidatura da nadadora paralímpica, Teresa Perales, ao Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016.


A Organización súmase así á candidatura presentada polo seleccionador nacional de fútbol, Vicente del Bosque, ao que acompañan nesta decisión 10 deportistas premiados con este galardón en anteriores edicións: Miguel Induráin (1992), Arantxa Sánchez Vicario (1998), Manel Estiarte (2001), Pepu Hernández (2006), Rafael Nadal (2008), Iker Casillas e Xavi Hernández (2012), José María Olazábal (2013), e Pau e Marc Gasol (2015).


A ONCE, a súa Fundación e ILUNION, súmanse así ás palabras de Del Bosque. Este destacou que o recoñecemento a "outra das figuras destacadas do deporte español" é importante tamén para axudar á "normalización da imaxe das persoas con discapacidade na sociedade, neste caso, a través da práctica deportiva". Desde ONCE destacan que isto é unha cuestión á que a Organización leva dedicada mais de 77 anos e para o que traballa cada día en todos os seus ámbitos.





Ademais, como tamén apuntou o seleccionador nacional de fútbol, Teresa Perales, o deporte paralímpico e os valores que representan, son grandes embaixadores da marca España e un exemplo de esforzo, tesón e sacrificio co que demostran á sociedade que os límites das persoas son só aqueles que establecen as propias capacidades de cada un.


Teresa Perales (Zaragoza, 1975), alcanzou en Londres 2012 a cifra de 22 medallas en catro Xogos Paralímpicos (6 de ouro, 6 de prata e 10 de bronce), igualando ao olímpico Michael Phelps. Utiliza cadeira de rodas desde os 19 anos como concecuencia dunha neuropatía pola que perdeu a mobilidade nas pernas. Pouco despois lanzouse á piscina e non deixou de gañar medallas.


POWERED BY BIGPRESS