A autovía da Costa da Morte (AG-14) abrirase ao tráfico antes do verán, unindo Carballo con Baio con 27 quilómetros de vía rápida libre de peaxe.



Canto menos así o asegurou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras visitar as obras este martes. Feijóo destacou a transformación nas comunicacións dunha comarca na que habitan preto de 120.000 persoas, que se evitarán o paso por 7 quilómetros de travesías que se recuperarán para a vida urbana e cidadá.



Para o presidente da Xunta, a obra foi posible en plena recesión económica grazas á vontade dos veciños “que non renunciaron nunca nin deixaron de reivindicar a Autovía”. pero tamén grazas á tenacidade dos técnicos das infraestruturas da Xunta, “que conseguiron superar unha longa lista de atrancos que este proxecto puxo no camiño”.



O responsable autonómico tamén presumiu das vías construídas dende que chegou á Xunta, asegurando que a rede galega de vías de altas prestacións se incrementou con 207 novos quilómetros. 


POWERED BY BIGPRESS