Representantes do BNG e de Anova, o partido de Xosé Manuel Beiras, reuníronse este martes nun intento de acercar posturas de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.


Pero como era de esperar, nesta reunión puxéronse de manifesto as diferencias fundamentais de estratexia que separan a estas dúas formacións de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.  


O bloque quere conformar unha "papeleta nacionalista", na que non teñen cabida formacións que non sexan netamente nacionalistas como algunhas das que integran a coalición En Marea. Pola contra, dende o partido de Beiras apostan por seguir afondando nesta coalición para as vindeiras autonómicas. 


Pese a todo, o encontro descorreu con cordialidade e o BNG seguirá coa súa rolda de contactos con outras formacións. 




POWERED BY BIGPRESS