Unha persoa faleceu e outra resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este mércores na autoestrada AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela.


Segundo confirmaron dende o 112, o accidente tivo lugar pasadas as tres da tarde no  quilómetro 61 da AP-9 en dirección á Coruña e consistiu nunha colisión por alcance entre dous vehículos, que rematou cun deles envorcando. 


Efectivos sanitarios do 061 confirmaron ao 112 que unha das vítimas falecera e que, ademais, estaba atrapada no vehículo, polo que era necesario excarcerala. Foi tamén mobilizado o helicóptero sanitario do 061 con base en Santiago e a DXT mantén totalmente cortada a vía neste punto.


POWERED BY BIGPRESS