Ferrol recibirá a Felipe VI cun debate sobre a vixencia da monarquía. O partido que goberna no concello, Ferrol en Común, levará ao pleno deste xoves unha proposta para demandar ao Goberno central un plebiscito, para que os cidadáns poidan decidir "nos vindeiros meses" se apoian a monarquía iniciada en 1978. 


Este debate producirase na mesma semana na que Felipe VI visita por primeira vez a cidade como rei. Este mesmo martes atópase visitando as dúas escolas de especialidades coas que conta a Armada na Cidade. 


En Ferrol non obstaculizan a visita do monarca, pero sí debatirán sobre a súa vixencia basándose no argumento de que "tres de cada catro cidadáns que hoxe teñen menos de 75 anos tiveron que asumir unha forma de organización política do Estado decidida por outros», nun proceso de transición que consideran "herdado do franquismo e tutelado militarmente". 


Por iso reclaman que se celebre nos vindeiros meses unha consulta vinculante, que podería rematar nun proceso constituínte. 




POWERED BY BIGPRESS