O exconcelleiro do PP de Santiago, Albino Vázquez, afronta un xuízo por prevaricación con respecto aun policía local, que lle podería supoñer 9 anos de inhabilitación. 


O xuízo estaba previsto para este martes, pero tivo que ser suspendido ata o 8 e 22 de abril ante a imposibilidade de reproducir os audios das escoitas do caso na sala. 


Tanto a Fiscalía como a acusación pediran a reproducción íntegra desta proba, polo que o xuízo tivo que ser aplazado. 


A Fiscalía pide para o acusado nove anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación administrativa por ditar "a propósito" unha resolución para substituír ao xefe de Policía accidental que, segundo recolle, é contraria á normativa interna.

POWERED BY BIGPRESS