O Sergas acaba de confimar tres novos casos de infectados polo virus zika en Galicia, elevando a un total de catro os casos rexistrados na nosa comunidade despois de que o virus traspasara por primeira vez as nosas fronteiras a comezos de marzo. 


Por unha banda, confirmouse o contaxio dunha segunda embarazada no Hospital Universitario de Lugo. Paralelamente, o laboratorio de referencia situado no Hospital do Meixoeiro confirmou outros dos casos, dunha muller non embarazada residente na provincia de Lugo e dun home residente en Vigo.


Segundo indicaron dende o Sergas, todos os  infectados contraeron o virus no estranxeiro, como acontece no resto de casos rexistrados en España. No caso concreto da embarazada ingresada en Lugo, a muller padeceu a enfermidade durante as primeiras semanas de xestación, cando estaba nun área de risco de latinoamérica.


As autoridades sanitarias de Galicia aseguran estar seguindo os protocolos establecidos, manexando de forma coordinada a situación. Así, indicaron que se comunicou aos centros e profesionais do Sergas os protocolos necesarios para a asistencia a este tipo de pacientes. 

POWERED BY BIGPRESS