O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera "infantil" que non se poda falar "co partido que gaña as elección", tras acusar a Pedro Sánchez de querer acadar o Goberno "a calquer prezo", poñéndose nas mans de Podemos.


"Demos aceptalo. Lamentablemente, España púxose en mans de Podemos e o líder que está neste momento definindo a España do presente e das próximas semanas é Pablo Iglesias", manifestou nunha entrevista en Telecinco, na que se amosou moi crítico coa decisión de Pedro Sánchez de non falar con Mariano Rajoy.


Para Feijóo, este momento lembrarase " como un período da nosa historia lamentable e a non repetir", no que o obxectivo de Sánchez é "entrar pola porta de atrás da Moncloa".


Considera que a cuestión en que se Podemos "acepta o pacto de PSOE e Ciudadanos haberá" goberno, e se está disposto a gobernar con eles dous, tamén se constituirá un executivo, con programas e ideoloxías distintas, iniciando en España "unha senda de inestabilidade e incerteza".


SOBRE A SÚA CANDIDATURA


Feijóo recoñeceu que incumpriu o seu compromiso de dous mandatos, pero xustificou a súa decisión no contexto político actual: "o que está a ocorrer na política deste país non é razoable".


Básase nas enquisas para asegurar que o PP "pode volver sacar maioría absoluta", pero tamén apunta que "a alternativa é o partido de Podemos" e, neste sentido, sería un goberno entre esa formación "nacionalistas e socialistas". "Ante esa eventualidade, despois de pensalo e oír aos compañeiros, decidín que o meu futuro, que é o menos importante, o decidan os galegos", salientou.

POWERED BY BIGPRESS