(foto: SAT)


A Central Unitaria de Traballadores (CUT) convocou para este domingo concentracións na Coruña, Santiago e Vigo, pedindo a liberdade do sindicalista andaluz Andrés Bódalo, que leva en prisión dende o pasado 30 de marzo.


Bódalo, que tamén foi concelleiro con Jaén en Común, está condenado a tres anos e medio de cárcere por agredir a un concelleiro socialista en 2012.


Pero dende a CUT ven motivos políticos na condena, asegurando que responde ao "permanente exercicio dun compromiso sindical co pobo traballador andaluz".


Por eso convocan concentracións baixo o lema 'Galiza con Andrés Bódalo. Liberdade!' ás 12:00 do domingo no Obelisco da Coruña e ante o Museo Marco de Vigo. En Santiago, a concentración será na Praza do Toural ás 12:30. 


POWERED BY BIGPRESS