Carmen Santos será a nova secretaria xeral de Podemos Galicia, tras conseguir o 41,14 % dos votos nunhas primarias nas que participaron menos do 20% dos inscritos. 


Esta traballadora do CSIC xa formara parte con anterioridade do anterior consello cidadán autonómico, pero dimitiu durante o pasado verán por discrepancias coa dirección, dando de novo un paso adiante trala disolución da directiva por parte da cúpula estatal. 


No proceso de primarias a súa principal rival foi a deputada de En Marea Ángela Rodríguez, que conseguiu o 39,38% dos votos. O gran perdedor do proceso interno foi o antigo secretario xeral, Breogán Riobóo, que tan só conseguiu un 19,49% dos votos. 


La elección de Carmen Santos puede ser determinante para la reedición de la coalición En Marea. Entre sus propuestas en campaña había defendido que fueran los inscritos en la formación los que votasen la fórmula de concurrencia para las elecciones autonómicas. 


RECONSTRUIR O PARTIDO


Tras ser elexida, Carmen Santos propúxose "reconstruir todos xuntos o partido" e "recuperar a ilusión". Asegura que ahora chega o momento de "sentarse a falar" e integrar todas as sensibilidades". 


Carmen Santos tendeulle a man aos seus dos rivales na contenda interna. "Son compañeiros de partido e traballarán connosco: Ángela Rodríguez é deputada e ten que ter o apoio de Podemos Galicia; Breogán Riobóo fixo un traballo válido e vai estar traballando (na formación), hai boa sintonía".



POWERED BY BIGPRESS