A plataforma cidadá Queremos Galego manifestarase este xoves protestanto contra a sentenza do TSXG sobre a ordenanza do uso do galego en Lugo, que "eliminou algúns aspectos "fundamentais" como "o dereito á cidadanía para recibir atención en galego por parte de servizos contratados pola administración a empresas privadas".
Tras a convocatoria que tivo lugar ante o Concello de Lugo o pasado 14 de marzo, Queremos Galego convocou para este xoves, 14 de abril, unha concentración ante a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña contra a sentenza xudicial.
En palabras do presidente da plataforma, Marcos Maceira, o fallo "ataca o uso do galego na administración municipal e nos servizos básicos privatizados" e "é un intento de provocar, por vía xudicial, o retroceso en dereitos lingüísticos que a sociedade galega está a impedir na vía política".