Comisións Obreiras considera "insostible" a situación das prisións galegas, levadas ata o "bordo do colapso" pola escasez de personal, unha circunstancia que fai imposible garantir a seguridade dos internos e dos traballadores.


O sindicato denuncia que nos centros penais de Galicia hai a día de hoxe 176 vacantes sen cubrir, 108 de persoal funcionario e 68 de persoal laboral.


Consideran o caso do persoal laboral "extramadamente grave, xa que a porcentaxe de vacantes equivale ao 38% do persoal, unha cifra "absolutamente inasumible" que imposibilita a xestión pública dos labores que lle son encomendados.



«Cos datos actuais, podemos afirmar que a situación de persoal en Institucións Penais é insostible, escenario que se agravará nos vindeiros anos polo elevado número de vacantes vexetativas que se xeran anualmente nun colectivo moi envellecido, con oferta de emprego público insuficiente e nun contexto político en que a perda de emprego na Administración Xeral do Estado é unha realidade palpable», declara Ángel Moreno, secretario xeral de Institucións Penais de CCOO.

Especialmente difícil é a situación das prisións do Pereiro de Aguiar (Ourense), A Lama (Pontevedra) e Teixeiro (A Coruña), onde as vacantes alcanzan un número «preocupante» e a media de idade do cadro de persoal fai supoñer a inoperatividade da xestión a curto prazo.

O sindicato indida que "neste contexto, o cumprimento das funcións constitucionais que temos encomendadas se converte nunha mera declaración de intencións, non podemos garantir a seguridade e custodia dos internos, e a propia saúde do persoal penitenciario está en cuestión".


POWERED BY BIGPRESS