A conselleira do Mar, Rosa Quintana, viaxa este martes a Bruselas para participar na xornada 'Galicia cara ao 2020'. Pretende repasar a situación do sector pesqueiro galego e defender un incremento de cotas baseado en estudos científicos rigorosos. 


En concreto, presentará a estratexia 'Crecemento azul', establecida no marco da UE para apoiar un crecemento sustentable dos sectores marítimo e pesqueiro. 


Para mañá mércores ten fixada ademais unha reunión co director xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da UE, Joao Aguiar, e co director de Desenvolvemento de Políticas e Coordinación da DG Mare, Ernesto Penas.


POWERED BY BIGPRESS