Este venres SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal do Chuvi concentráronse ante o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, chamando á cidadanía a que se sume á manifestación que pedirá o "rescate" deste hospital e o fin do "desmantelamento" do Meixoeiro o vindeiro 12 de maio. 


Pero para o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, non parece haber tantos motivos para manifestarse: asegurou este mesmo vernes que "a sanidade én Vigo é moitísimo mellor que hai un ano". 


Ademais, o conselleiro augura que dentro "pouco tempo", o Hospital Álvaro Cunquero de Vigo será "un centro de referencia a nivel nacional". 



POWERED BY BIGPRESS