O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comparecerá a petición propia este martes no pleno do Parlamento galego para informar sobre o proceso de autorización de tratamentos fronta á hepatite C, polo que están citados como investigados dous altos cargos do seu departamento.



Previsiblemente defenderá unha vez máis que os tratamentos foron adxudicados en base a criterios clínicos e non orzamentarios, como asegurou en repetidas ocasións ante os medios de comunicación. 


Sobre este tema tamén deberá responder este mércores o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, forzado polas preguntas dos grupos da oposición. 

POWERED BY BIGPRESS