(foto: CRTVG)


José Isorna, coñecido franciscano galeguista natural de Valga, faleceu este martes en Santiago aos 94 anos de idade. 

Coñecido como Pai Isorna, foi un activo promotor do uso do galego na liturxia, facéndose moi coñecido tras oficiar durante anos as misas dominicais retransmitidas pola TVG. 


A igrexa conventual de San Francisco, en Santiago de Compostela, acollerá esta tarde, ás 17,00 horas, unha misa na súa memoria. Trala eucaristía, o seu corpo será trasladado á parroquia de Canta Columba de Cordeiro (Valga), onde será velado a partir das 19,00 horas. Ás 20,30 horas celebrarase o funeral e posterior enterro.



O pai Isorna era membro correspondente da RAG desde 1967. Comprometido coa galeguización da Igrexa en tempos complicados para o idioma de Galicia, tratou a intelectuais como Castelao, Ramón Otero Pedrayo ou Álvaro Cunqueiro.



Cursou estudos de Humanidades no seminario franciscano de Herbón (Padrón), onde exerceu máis adiante como profesor, e de Filosofía e Teoloxía no centro compostelán da orde á que pertencía. Foi, ademais, vicerreitor do convento de San Francisco da capital galega.

POWERED BY BIGPRESS