A marca Galicia Calidade cumpre 20 anos, marcándose como gran reto consolidarse como sinónimo de excelencia ante os consumidores. 


Alfonso Cabaleiro, xerente da denominación galega, participou este luns no inicio dunha xornada sobre marcas de garantía organizada na Egap, asegurando que Galicia Calidade funciona "cada vez mellor" na nosa comunidade. 


Considera que segue tendo "forza e fama", que segundo el se demostran nos 400 productos que ampara e no recoñecemento do que goza entre os comunidades. 


Como retos de futuro, Alfonso Cabaleiro marcou a profundización no concepto de "servizos" amparados polo Galicia Calidade.



MARCAS DE GARANTÍA



Durante o acto de inauguración, Carlos Lema, o organizador da xornada, destacou a importancia que teñen a día de hoxe as marcas de garantía para orientar o consumo da poboación.



Estas marcas, apuntou, posibilitan establecer uns "estándares de calidade" afastados das marcas comerciais, que dan seguridade aos consumidores. Galicia, lembrou, foi a primeira comunidade autónoma española en contar cun selo deste tipo, o Galicia Calidade.



Nesta xornada, os asistentes poderán profundar nos coñecementos xurídicos relacionados coas marcas de garantía, uns distintivos que "non indican a orixe empresarial do produto", senón que acreditan uns estándares de calidade e características. Así mesmo, analizarase a regulación das denominacións de orixe na Unión Europea.

POWERED BY BIGPRESS