A galega Vero Boquete acaba de cumprir outro sono, declarándose campiona da Bundesliga Alemana co seu equipo actual, o Bayern de Munich.


Un novo título que engrosa o amplio palmarés desta futbolista santiaguesa, que xa gañou unha Champions e liderou á selección española no último mundial, algo que segundo explicou nunha entrevista recente supuxo un fito histórico e unha alegría enorme. 


Aínda que non xogou o partido contra o Leverkusen que lles deu o título, a galega sí que o celebrou coas súas compañeiras, felicitándose a través de twitter por "Outro soño vivido, outro obxectivo cumprido".


O título de Liga supón un final feliz para unha temporada difícil para a futbolista, na que non puido xogar todo o que lle tivera gustado por mor dunha lesión na pretemporada. Permítelle rematar a tempada cun sorriso, preparándose para un ano no que volverá ao cen por cen. 


POWERED BY BIGPRESS