A Xunta acaba de licitar un contrato buscando unha empresa que se desfaga das 35.000 toneladas de neumáticos fóra de uso acumulados no concello da Laracha, ademais das 100 depositadas nas Somozas e as 900 acumuladas en Fene. 


O contrato está dotado con 2,7 millóns de euros, obrigando a eliminar os neumáticos "ben para transformalos en materias primas ou enerxía", segundo indicou este mércores o presidente da Xunta. 


Como posibles usos dos neumáticos, Alberto Núñez Feijóo citou os recheos de céspede artificial, solos de parques ou preparados para estradas.


POWERED BY BIGPRESS