As asociación convocantes do boicot falan dunha insumisión de preto do 80% entre os alumnos dos colexios públicos convocados á “reválida” de 6º de primaria. A consellería de Educación, pola súa banda admite unha abstención do 40%. Datos suficientes, en todo caso, para que os socialistas galegos falen dun “fracaso monumental” que supón unha “ “desautorización sen paliativos ” á administración educativa.


O voceiro de educación dos socialistas, Vicente Docasar, instou ao gobernó de Feijóo a realizar unha “profunda reflexión” logo dun varapau “sen precedentes na nosa historia recente”. O responsable socialista sinala que a resposta das familias galegas “demostra claramente que impoñer unha Lei pola brava e sen consenso con ninguén non leva a ningures e ten graves consecuencias para o bo funcionamento e o prestixio do sistema educativo do país”.


Por iso reitera a súa petición de paralización do calendario de implantación da Lomce e das reválidas de 3º e 6º de Primaria, 4º de ESO e 2º de Bacharelato, ademais deunha nova Lei de Educación “consensuada co conxunto da comunidade educativa”. 

POWERED BY BIGPRESS