O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confía en que as reválidas de 6º de primaria "se vaian normalizando" a medida que pasen os anos. 


Á hora de valorar a abstención na proba que comezou este mércores, Feijóo destacou que era o primeiro ano que se celebraba e que o sistema "necesita rodar". 


Aínda así, admite que "non podemos obviar que houbo centos de familias que non mandaron" aos seus fillos a facer a proba. Ponse como obxetivo informar "mellor" para "contrarrestar as campañas de desinformación" contra unha proba que segundo dixo non ten ningún obxeto máis alá de mellorar a educación dos nenos galegos. 


POWERED BY BIGPRESS