O arcebispado de Santiago pásase ao galego na rede. Coincidindo coa véspera do Día das Letras Galegas, porá en marcha o vindeiro luns unha nova web baixo o dominio .gal con toda a súa información en galego. 


O obxectivo que se marca é facilitar a busca das consultas que se realicen en galego, dando "máis visibilidade en Internet" á lingua propia de Galicia. 


A nova web ofrecerá exactamente a mesma información e servicios que se recollen a día de hoxe en www.archicompostela.es:  noticias, galerías de imaxes, cartas pastorais ou publicacións. 


Do mesmo xeito, a nova web adaptarase aos terminais multiplataforma, facendo posible o acceso dende PC, tablet ou smartphone. 

POWERED BY BIGPRESS