Esta mércores produciuse un "novo colapso" nas urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), segundo vén de denunciar a Asociación de Pacientes e usuarios deste centro sanitario.


Aserguan que en torno ás cinco da tarde do mércores había 18 pacientes agardando pendentes de ingreso e 6 persoas en cadeiras de rodas ocupando as zonas de paso do servizo, mentres 14 cubículos permanecían pechados.


Maniféstanse alarmados ante un "desprezo" polos pacientes que resulta "intolerable", e que consideran unha clara consecuencia da "política de peche de camas" da xerencia e do "peche dos cubículos" do persoal supervisor.


Acusan á xerencia do hospital de seguir incorrendo nunha xestión "irregular e deficitaria do servizo", contravindo as recomendacións do Consello de Contas e dos Valedores do Pobo, convertíndose en "responsables directos da situación de colapso, xa que de forma premeditada racionan os recursos dispoñibles con grave menoscabo da situación dos pacientes e das condicións laborais do persoal sanitario". 

POWERED BY BIGPRESS